Escoitar

O alcalde destaca que Vigo outorga máis bolsas de inglés que as comunidades de Cataluña e Madrid xuntas

O Concello de Vigo outorgou este ano 842 bolsas de idiomas, o que supón unha cifra superior á suma das que achegan as comunidades de Cataluña e Madrid. Este ano, conseguiron praza todos os estudantes que a solicitaron e cumprían os requisitos.

martes, 18 set 2018
1537284276ingles.JPG
Abel Caballero achegouse esta mañá de novo ao aeroporto de Vigo para despedir a outra quenda de alumnos que participan no programa Vigo en inglés. Os 71 estudantes que partiron hoxe cara Irlanda e Inglaterra eleva a 109 os beneficiarios que xa están a gozar da súa estadía de inmersión lingüística nun ano no que todos os alumnos solicitantes que cumprían os requisitos conseguiron praza.

Ata o luns 24 de setembro, serán 750 os mozos e mozas que viaxarán dentro dun programa dotado con 1,7 millóns para 3º da ESO, unha cantidade á que hai que sumar outros 160.000 euros destinados a outras 92 bolsas da Escola Oficial de Idiomas. Con estas 842 achegas e un orzamento total de 1,8 millóns, Vigo outorga máis bolsas que as comunidades de Cataluña e Madrid xuntas -que aglutinan a 12 millóns de persoas-, segundo recalcou o rexedor.
Descargar todas as imaxes