Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
mércores, 05 de setembro de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello ratifica a conxelación dos impostos e taxas no 2019

O Pleno aprobou este mércores as ordenanzas fiscais para o próximo ano, que contemplan a conxelación nominal dos impostos, taxas e prezos públicos. O goberno de Vigo non aplica o IPC do 1,5%, xerando un aforro de 2,8 millóns á cidadanía, e aplica bonificacións fiscais por valor de 7,2 millóns.

Conxelar os impostos, taxas e prezos públicos cando o IPC sube un 1,5% supón unha rebaixa da presión fiscal aos vigueses, segundo explicou o concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, na súa exposición. O edil recordou que Vigo ten a menor presión fiscal das cidades galegas e sitúase por debaixo da media das urbes en España.

O goberno de Vigo non modificará no 2019 os importes do IBI, IAE, Construccións nin do imposto de circulación. É máis, o Concello rebaixará noutro 10% o imposto de circulación para as motocicletas de máis de 125cc, a cuarta rebaixa consecutiva para as motos, que abonarán o ano próximo un 40% menos que no 2015 neste concepto. O Concello aplicará a mesma conxelación aplicará á auga, lixo, ORA e expedición de documentos.

En virtude desta decisión municipal de non asumir o IPC, a cidadanía viguesa aforrará 2.830.000 euros o próximo ano. Ademais, aseverou Aneiros, as bonificacións fiscais aos vigueses e viguesas chegan aos 7,2 millóns de euros. As ordenanzas foron aprobadas pola Corporación cos únicos votos favorables do goberno de Vigo; a oposición (PP e Marea) votaron en contra.

Por último, o goberno vigués ofrece máis facilidades de pago de cara ao próximo ano. Amplíanse os supostos que se poden acoller ao sistema de "Conta Fácil 10", fraccionando o pago en mensualidades, e tamén se amplía o prazo de pago -de tres a doce meses- dos aprazamentos ou fraccionamentos.

Debate
Marea reclamou "subir impostos á especulación" e duplicar a taxa por ocupación de vía pública que abonan os bancos polos caixeiros automáticos, tamén que a igrexa abone o IBI polas súas propiedades que non sexa de culto, gravar ás vivendas baleiras e sen consumos durante alomenos dous anos e unha rebaixa progresiva do imposto de rodaxe segundo os cabalos do vehículo.

O PP, pola súa banda, asegurou que o Concello perde a "oportunidade" de rebaixar impostos aos vigueses -propuxeron un descenso lineal do 5%- e denunciou que a carga subiu un 23% desde 2007 mentres que o IPC o fixo nun 16%.

Polo grupo socialista, Carlos Font ratificou que os datos do Ministerio de Facenda sitúan a Vigo como a cidade galega cunha menor presión fiscal, e valorou que a cidade conta con "menos impostos, máis inversión e débeda cero", aplicando a maior política social das urbes españolas.

Execución orzamentaria
Tamén en materia económica, a Corporación tomou coñecemento do estado de execución do orzamento no segundo trimestre do presente ano. Os grupos da oposición censuraron unha execución no primeiro semestre do 7% dos investimentos programados, mentres que o concelleiro de Facenda replicou que o gasto xa autorizado nos seis primeiros meses foi de 161 millóns de euros: "á metade do ano, a metade do orzamento estase executando", asegurou.
Mais noticias
O goberno pide respecto pola investigación xudicial do Marisquiño e amosa o seu apoio aos afectados
Caballero garante "apoio incondicional" aos traballadores no seu conflito contra Dornier
O Concello moderniza a ordenanza e os taxistas terán que vixiar a entrada das mulleres nos portais
Vigo esixe á Xunta que abra o Punto de Encontro Familiar durante os 365 días do ano
O Pleno pide responsabilidades políticas á conselleira de Medio Ambiente pola súa posición "sectaria" ignorando ao Porto de Vigo
A Corporación Municipal reclama á Xunta que deixe de "boicotear" as obras do goberno local


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003