Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
mércores, 08 de agosto de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O alcalde subliña a "ambición" da nova Zona Franca na atención "á economía de Vigo"

O Pleno da Zona Franca aprobará mañá xoves os orzamentos do Consorcio no que será a primeira sesión desde o nomeamento de David Regades como delegado. Abel Caballero, tamén presidente do pleno da Zona Franca, avanzou que esta "nova etapa" está marcada pola "maior ambición" para atender á economía da cidade.

Caballero adiantou que esta "nova etapa na historia da Zona Franca" suporá un "cambio radical" no seu funcionamento, cun Consorcio "envorcado na cidade, atendendo á economía de Vigo e coa maior ambición" para adicar recursos.

O alcalde saudou que a nova composición do Pleno incorpora á Zona Franca persoas "comprometidas coa boa marcha da cidade e da súa economía". Os nomeamentos de Manuel Rodríguez (empresario de Rodman), Elena Espinosa (exministra e expresidenta do Porto de Vigo) e Ana María Mejías (actual subdirectora da Escola de Enxeñeiros Industriais e profesora universitaria) conlevan o cesamento dos anteriores vogais, a saber, Fonseca Moratón, Rafael Louzán e Elena Muñoz.

"Agora hai unha Zona Franca encravada en Vigo, con vocación de Vigo e para atender a Vigo, como cidade e como proxecto de cidade, como economía, traballo e progreso", valorou Caballero, desde o cumprimento dos criterios normativos e de rendibilidade. "Teño o maior entusiasmo coa nova etapa da Zona Franca", concluíu o alcalde.
Mais noticias
"En proxecto, en tramitación ou en execución, temos en Vigo obras por valor de 93 millóns"
O Concello amplía o horario da biblioteca do Auditorio Mar de Vigo
Caballero revalida o seu apoio ao Club Náutico de Vigo na presentación da 55ª Regata Rías Baixas
O Concello apoia a festa gastronómica Vigomar para desenvolver o seu potencial a nivel estatal


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003