Escoitar

Abel Caballero a David Regades: "Temos o mellor delegado de Zona Franca que podíamos ter"

O alcalde de Vigo destacou este mércores na toma de posesión do novo delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca, David Regades, que este organismo "é, e ten que ser, unha gran institución mobilizadora de economía". Abel Caballero incidiu en que este acto ten"un profundo contido persoal, político pero sobre todo de cidade". "É un paso máis na consolidación dun proxecto que pertence a Vigo".

mércores, 18 xul 2018
1531932604ZonaFranca_01.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, destacou hoxe na toma de posesión do novo delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, David Regades, que neste día "miramos e situamos a nosa vida na economía, porque Zona Franca é, e ten que ser, unha gran institución mobilizadora de economía. Así, incidiu en que o organismo estatal debe "orientar e lanzar por onde temos que dirixir este futuro novo despois da crise". O rexedor suliñou que "este é un paso máis na consolidación dun proxecto que pertence a Vigo", e de unha cidade "de administracións camiñando xuntas".

Nun acto multitudinario celebrado nas dependencias da Zona Franca en Bouzas o novo delegado da Zona Franca estivo acompañado por representantes políticos, do mundo empresarial e social da cidade. No seu discurso, David Regades destacou que hoxe "caeu o muro que separaba a cidade da Zona Franca. "Por vez primeira Concello e Zona Franca traballarán xuntos". "Sumase á boa sintonía coa Deputación de Pontevedra", explicou.

Tamén tivo palabras de agradecemento ao alcalde de Vigo e á presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva. "Abel, devolvereite a confianza con rigor e dedicación. Non deixaremos pasar esta oportunidade de transformación", dixo. Regades avanzou que apostará pola innovación, o solo empresarial e por incrementar a presencia feminina no mundo empresarial.
Esta mesma mañá David Regades fixo efectiva a súa renuncia como concelleiro agradecendo a confianza do goberno municipal.
1531932604ZonaFranca_01.JPG
1531932617ZonaFranca_02.JPG
1531932636ZonaFranca_05.JPG
1531932648ZonaFranca_06.JPG
1531932661ZonaFranca_07.JPG
Descargar todas as imaxes