Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 12 de xullo de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O grupo Lori Meyers completa o cartel de concertos en Castrelos do Vigo en Festas 2018

Abel Caballero desvelou este xoves o último concerto para o Auditorio de Castrelos dentro do programa Vigo en Festas 2018. O grupo indie Lori Meyers actuará finalmente o vindeiro 5 de agosto (23:00 horas). Con esta actuación queda pechada a programación dos concertos de Castreslos.

Programación


O grupo indie Lori Meyers foi finalmente o elixido para completar o cartel das festas de Vigo. A banda granadina actuará o vindeiro 5 de agosto (23:00 horas) no Auditorio de Castrelos dentro da programación Vigo en Festas 2018.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este xoves en rolda de prensa da última actuación do verán en Castrelos que restaba por anunciar. Segundo indicou o rexedor, o show que traerán a Vigo servirá para celebrar o seus 20 anos de carreira, onde repasarán seus éxitos.

O grupo Lori Meyers, integrado por Antonio López (voz e guitarra), Alejandro Méndez (voz e guitarra), Alfredo Núñez (batería), Miguel López (baixo e coros), J.J. Machuca (teclados) e Javier Doria (guitarra), vén de lanzar "20 años, 21 canciones", unha colección de clásicos e xoias inéditas.

O alcalde lembrou que Little Steven abrirá os concertos este xoves 12 de xullo, seguido por Serrat o 21, Maná o 23, Dorian e Zoe o 27 de xullo e a Coral Casablaca o 28 do nomeado mes. Xullo conclúe co espectáculo de Morat o día 31. Para agosto, o Concello ten pechada a presenza de Raphael o día 2 e de Juanes o día 8, ademais da actuación exclusiva para Vigo de cinco representantes de OT, Aitana, Ana Guerra, Cepeda, Miriam e Roi, o día 10 de agosto.
Mais noticias
O goberno local interpón un segundo recurso contra a obriga de financiar os centros de día da Xunta
O alcalde reitera á Xunta que aplique a chamada "lei Vigo" para poder construír o pavillón de Matamá
Caballero asina convenios con nove entidades sociais por valor de case 140.000 euros
Vigo organiza o ciclo de conferencias "Falemos de Cíes" para promover a candidatura a Patrimonio da Humanidade
O Concello cooperará coa Asociación Provivenda na acollida de migrantes
As visitas teatralizadas volven ao Centro de Interpretación do Mundo Romano en Mirambell
O Concello recibe a visita de 70 nenos saharauís acollidos por familias viguesas


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003