Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
mércores, 11 de xullo de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello inicia a segunda fase de humanización da rúa Álvaro Cunqueiro e xa suma obras en marcha por valor de 56 millóns

O alcalde de Vigo informou este mércores de que xa comenzaron as obras para finalizar a humanización da rúa Álvaro Cunqueiro, na zona da Praza de Independencia. Ademais, o rexedor sinalou que actualmente están en marcha obras por valor de 56 millóns de euros.

Abel Caballero informou este mércores do inicio da segunda fase de humanización da rúa Álvaro Cunqueiro, na contorna da Praza da Independencia. Segundo explicou o alcalde de Vigo, o importe de licitación previsto é de 1,6 millón euros para levar a cabo tareas de pavimentación de beirarrúas, nova rede de fecais, pluviais, rede de rego na coroa exterior da rúa e rede semafórica, ademais de mobiliario urbano, arborado e xardiñería.

O rexedor indicou que haberá cortes de tráfico e desvíos para levar a cabo a reforma da coroa exterior da rúa e que a vindeira semana tamén comenzan as obras en José Frau -entre Lopez Mora e Alvaro Cunqueiro- por 596.000 euros.

Caballeiro fixo un repaso das humanizacións que están actualmente en marcha e mencionou a Praza de Sanjurjo Badía, Purificación Saavedra (fase 1), Parque Pedro Alvarado e rúa Camilo José Cela. Tamén destacou as obras da reforma da cuberta de Río, o aparcamento do Hospital Álvaro Cunqueiro, a contorna da Escola de Música de Beade, Marqués de Valterra, Vigo Vertical (ascensores), así como substitución de firmes en estradas e mantemento. "Entre todo suman investimentos por valor de 56 millóns de euros", sinalou.
Mais noticias
Vigo en Festas programa máis de 60 actuacións, con 30 concertos gratuítos, por toda a cidade
Vigo é o concello de España que mellor paga aos seus provedores, cun prazo de entre 9 e 11 días
O alcalde eloxia a "capacidade e a excelencia" do empresariado vigués na entrega de premios Ejecutivos Galicia
Vigo apoia o II Congreso Internacional sobre Prevención e Seguridade Industrial 4.0


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003