Escoitar

Vigo inicia un desenvolvemento urbanístico que "ordenará a cidade para os próximos 40 anos"

O Concello de Vigo continúa coa tramitación da ordenación provisional que permitirá recuperar o 35% da superficie edificable do PXOM de 2008. Á aprobación inicial deste documento, hai que sumar o desbloqueo do Barrio do Cura e o novo impulso que vai recibir a transformación da Panificadora, polo que o xa está en marcha "un desenvolvemento urbanístico que ordena a cidade para os próximos 40 años".

luns, 9 xul 2018
O alcalde anunciou esta mañá o adianto do pleno ordinario do mes de xullo, que será o día 18, no que se someterá a votación a aprobación inicial da ordenación provisional urbanística, un "trámite da maior importancia" porque permitirá recuperar de golpe un terzo da edificabilidade que recollía o plan de 2008. Entramos nunha nova etapa na que se vai estar operativa toda a edificabilidade que pode desenvolver esta cidade nos próximos dez anos.

Unha vez superada a aprobación inicial-con todos os informes favorables-, se notificará aos 50.000 titulares catastrais que se verán afectados porque xa poderán edificar nas súas propiedades. A partir de aí, o documento será enviado á Xunta e posteriormente chegará de novo ao Pleno municipal para a súa aprobación definitiva.

Tal e como explicou o rexedor, ao mesmo tempo e con este mesmo procedemento, o Concello está a tramitar ámbito de Recaré para ordenar solo terciario e os ámbitos de Samil con centos de aparcamentos. Estamos a poñer en marcha "un desenvolvemento urbanístico que ordena a cidade para os próximos 40 anos". Tamén se referiu ao desbloqueo o desenvolvemento do Barrio do Cura e do novo impulso que vai recibir a transformación da Panificadora co cambio de delegado na Zona Franca.