Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
martes, 12 de xuño de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Caballero eleva a máis de 200 os concellos dispostos a recibir xa aos pasaxeiros do Aquarius

Corporacións grandes e pequenas manifestaron á FEMP a súa disposición a acoller aos migrantes do barco. "Hai un número importantísimo de ofrecementos, cando teñamos o listado llo trasladaremos á vicepresidente", afirmou esta mañá Abel Caballero en rolda de prensa.




A mediodía de hoxe, xa son 200 os concellos españois que xa amosaron a súa disposición para acoller aos migrantes que se atopan no buque Aquarius. Así o manifestou Abel Caballero, ao dar conta dos datos recopilados pola FEMP que desde onte, e por indicación da Vicepresidenta do Gobierno, Carmen Calvo, está a coordinar as propostas de acollemento dos Consistorios do noso país.

Entre os dous centenares que xa formularon as súas proposicións hai municipios grandes e pequenos, con máis e con menos recursos, unha cuestión que, a xuízo de Caballero, pon de manifesto que "la solidariedade non ten barreiras".

O presidente da FEMP indicou que o listado de municipios se trasladará á Vicepresidencia do Goberno para acordar os detalles da acollida, xa que "hai un número importantísimo de ofrecementos", e a lista continúa aumentando.

A resposta dos gobernos locais á demanda de acollida foi inmediata. Hai agora menos dun día que Abel Caballero anunciaba a colaboración das corporacións españolas asociadas á Rede de Municipios pola Acollida de Refuxiados da FEMP. Pouco despois, a Federación aceptaba a tarefa coordinadora encomendada pola Vicepresidenta Carmen Calvo. Agora, para Caballero, esta resposta é "unha inmensa mobilización humanitaria" que voltou a amosar que "España está á altura do que se esperaba".
Mais noticias
Caballero e Reigosa amosan "vontade absoluta de cooperación" e "plena sintonía" entre institucións
O goberno de Vigo adxudicará provisionalmente a humanización da Provincial esta semana
O Concello adquire unha parcela en Ramón Nieto para sacala a poxa pública e construír vivendas
O alcalde reclama á Xunta a reposición do servizo de Pediatría no Centro de Saúde de Coruxo


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003