Escoitar

O alcalde reclama á Xunta a reposición do servizo de Pediatría no Centro de Saúde de Coruxo

Abel Caballero instou este martes á Xunta de Galicia á reposición "inmediata" do servizo de Pediatría no Centro de Saúde de Coruxo, un problema que afecta a un total de 1.050 nenos e nenas da parroquia viguesa. "É unha nova acción da Xunta danando gravemente a calidade sanitaria de Vigo", sinalou.

martes, 12 xuñ 2018
O alcalde de Vigo reclamou este martes publicamente que a Xunta de Galicia solucione os problemas causados no Centro de Saúde de Coruxo tras a retirada do pediatra que prestaba servizo a un total de 1.050 nenos e nenas da parroquia.

"Quero dar todo o meu apoio aos veciños e quero esixir á Xunta que repoña de forma inmediata a pediatra en Coruxo, hai 1.050 nenos e nenas que perden o seu pediatra e van ter que ser desviados a outros centros de saúde, afastados do seu domicilio", sinalou Abel Caballero durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación.

O rexedor vigués considera que a decisión do Servizo Galego de Saúde (Sergas) é un novo ataque a sanidade pública. "Se hai algún servizo moi importante para a cidadanía ese é o de Pediatría, é primordial e insubstituíble. É insaumible esta nova acción da Xunta danando gravemente a calidade sanitaria en Vigo", explicou Caballero.