Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 07 de xuño de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello adica case 250.000 euros a calefacción e auga quente nas instalacións deportivas

O goberno local investirá case 250.000 euros en calefacción e auga quente para as instalacións deportivas, nunha Xunta de Goberno na que tamén se deu luz verde ás bases reguladoras para as subvencións das festas tradicionais e patronais, cunha dotación económica de cen mil euros.

A Xunta de Goberno local adxudicou provisionalmente o contrato de subministro de enerxía térmica útil e o mantemento de calefacción e produción de auga quente das instalacións deportivas. Cun importe de case un cuarto de millón de euros, atenderase o pavillón e o ximnasio do Carme, os pavillóns de Navia e Candeán, así como os complexos deportivos de O Berbés e a ETEA.

O goberno local tamén deu luz verde á contratación da creación e do mantemento do observatorio socioeconómico de Vigo cun orzamento de licitación de 70.200 euros durante catro anos. Trátase, explicou o rexedor en rolda de prensa, dunha plataforma electrónica dirixida a todos os cidadáns con información actualizada relacionada coa economía. O observatorio reunirá os datos estatísticos públicos dispoñibles relativos ao territorio, medio ambiente, demografía, desenvolvemento urbano, cohesión social, cultura, innovación, mobilidade, economía, actividade empresarial ou turismo, con fin de impulsar actuacións de desenvolvemento local.

Festas
O rexedor tamén deu conta da aprobación das bases reguladoras para as subvencións das festas tradicionais e patronais que conta cunha dotación de 100.000 euros. As festas son unha parte moi importante da cultura popular que ten que ser apoiada, explicou, porque fomenta valores sociais ligados á identidade cultural.

Outro dos asuntos validados na Xunta de Goberno foi a adxudicación do servizo de vixiancia de Cedro e das UBAS. Cun importe de 285.000 euros, a empresa adxudicataria presentou unha mellora de cen horas máis de prestación de servizos.
Mais noticias
O Concello pon a venda as entradas para os concertos de verán no Auditorio de Castrelos
Vigo recibe ao tataraneto de Verne, que pronunciará unha conferencia no MARCO
O alcalde anuncia para 2019 a cuarta rebaixa do 10% no imposto de circulación para motos
O goberno local abre a inscrición para participar este verán no voluntariado ambiental nas Illas Cíes
Caballero comprometeuse a seguir apoiando ás familias numerosas na inauguración da súa sede municipal en San Francisco
Caballero sitúa a Vigo Bike Contest de Enduro, este domingo, como "unha proba extraordinariamente dura"


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003