Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 07 de xuño de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello pon a venda as entradas para os concertos de verán no Auditorio de Castrelos

Abel Caballero avanzou que desde este venres, 8 de xuño, xa estarán a venda as entradas para asistir aos concertos de verán na zona de pé do Auditorio de Castrelos. O rexedor tamén sinalou que quedan dúas actuacións por confirmar.




Enlace ao vídeo de Little Steven

Vigo, 7 de xuño de 2018.– As entradas para asistir aos concertos de verán na zona de pé do Auditorio de Castrelos saen este venres, 8 de xuño, á venda. Así o avanzou o alcalde Abel Caballero tras lembrar as actuacións xa pechadas para o "Vigo en Festas" e sinalar que aínda quedan dúas máis por anunciar.

Segundo indicou o alcalde, os concertos son gratuítos e teñen un prezo simbólico para os que accedan ao recinto para asistir de pé. "Simbólico, simbólico, simbólico, porque é unha tradición e por iso o mantemos, pero a recadación é practicamente nula con relación ao custe", explicou.

Deste este venres, a través da web de Ticketea, no teléfono 902 044 266 ou na tenda de discos Elepé poden adquirirse as entradas para as actuacións. Os prezos son de 5 euros en venda anticipada (máis 10% de gastos de xestión) en todos os concertos excepto nos casos de Little Steven e Juanes (6 euros) e no de Maná (10 euros). No despacho de billetes de Castrelos o día sinalado os prezos soben dous euros.

"Quedan dúas actuacións máis, xa lles dixen que iá a ser un ciclo de concertos excepcional, é un ciclo que compite cos mellores do mundo, coa diferenza de que en Vigo son gratuítos, diferenza notable, se buscan non encontran unha axenda de concertos como esta gratis en ningunha cidade do mundo", destacou Abel Caballero.

Serrat e Raphael
O rexedor tamén apuntou que haberá sitio reservado para persoas con mobilidade reducida e que nos concertos de Serrat e Raphael haberá cadeiras na zona pechada.

"A veces o problema é que cando se lle di aos grandes grupos de fama mundial que é gratuíto quedan sorprendidos, ata que se lle explica como é o anfiteatro, a zona e o que significa, e o prestixio, logo o entenden, aquí é o único do mundo con concertos de gran envergadura sen pagar", engadiu.

Caballero tamén apuntou que "na tradición de Vigo os concertos de gran envergadura se fixeron pagando, Maná é un concerto de nivel mundial, o facemos gratis porque non quero que se pague".

Durante a rolda de prensa foi pasado un vídeo no que Little Steven invita a todos os vigueses a asistir ao concerto.

Datas e horarios dos concertos:
12 de julio (23.00 horas): Little Steven
21 de julio (23.00 horas): Joan Manuel Serrat
23 de julio (23.00 horas): Maná
27 de julio (22.30 horas): Dorian+Zoe
31 de julio (23.00 horas): Morat
2 de agosto (23.00 horas): Raphael
8 de agosto (23.00 horas): Juanes
Mais noticias
Vigo recibe ao tataraneto de Verne, que pronunciará unha conferencia no MARCO
O alcalde anuncia para 2019 a cuarta rebaixa do 10% no imposto de circulación para motos
O goberno local abre a inscrición para participar este verán no voluntariado ambiental nas Illas Cíes
Caballero comprometeuse a seguir apoiando ás familias numerosas na inauguración da súa sede municipal en San Francisco
Caballero sitúa a Vigo Bike Contest de Enduro, este domingo, como "unha proba extraordinariamente dura"
O Concello adica case 250.000 euros a calefacción e auga quente nas instalacións deportivas


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003