Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
mércores, 16 de maio de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O goberno local comeza o luns a humanización de Venezuela coa renovación das redes de subministro

Así o avanzou este mércores Abel Caballero, quen adiantou que o luns arranca coa substitución das redes de abastecemento e saneamento no tramo entre Gran Vía e México, que estará pechada ao tráfico por un prazo aproximado de dous meses. Por Venezuela pasará o carril bici, cun orzamento próximo aos 5,9 millóns.

O luns comeza a humanización de Venezuela no tramo entre Gran Vía e México, que estará pechado ao tráfico por un prazo estimado de dous meses. O goberno de Vigo renovará as canalizacións de abastecemento e saneamento de toda a rúa, quilómetro e medio de rede. Esta obra enmárcase dentro do proxecto do carril bici, que cruzará Vigo desde Travesía ata Samil -cun orzamento que roza os 5,9 millóns- e que conlevará a humanización da Avenida de Castelao, da Avenida Europa e a mellora de Pizarro e Travesía de Vigo.

Co comezo da obra, o luns ás 10,00 h pecharase ao tráfico a rúa Venezuela, entre a Gran Vía e a rúa México. Mentres duren as obras, o goberno vigués fará de dobre sentido a rúa Panamá, entre Venezuela e Bolivia. Para chegar de Venezuela ata Pizarro e salvar así o tramo pechado, o Concello recomenda subir por Marqués de Alcedo e baixar á Praza de España para chegar a Pizarro ou subir pola rúa Panamá e continuar por Nicaragua ata Pizarro a través da Praza Elíptica.
Mais noticias
Caballero: "Porta do Sol naceu como rúa e a acción civil converteuna nunha praza"
O Concello conclúe a humanización da rúa Canceleiro, cun orzamento de 250.000 euros
Caballero apoia a manifestación de Policías Locais en defensa da xubilación anticipada
O escritor Antonio García Teijeiro, encargado de ler este xoves en Bouzas o bando das Letras Galegas
O Concello celebra o Día dos Museos con máis visitas guiadas, actividades e horarios ampliados


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003