Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
mércores, 16 de maio de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello celebra o Día dos Museos con máis visitas guiadas, actividades e horarios ampliados

Desde o xoves ata o domingo, a rede museística municipal amplía os seus horarios, o MARCO incrementa as visitas guiadas á exposición "Xulio Verne. Os límites da imaxinación" e o Museo Liste acolle o venres a actividade "Furbolibro de Tía Ni", visitas guiadas e unha mostra comentada polo Día Internacional dos Museos.

Tal e como informou o alcalde este mércores, o Concello de Vigo súmase un ano máis á celebración do Día Internacional dos Museos, que ten lugar o 18 de maio, nesta ocasión baixo o lema "Museos hiperconectados. Enfoques novos, públicos novos". En rolda de prensa, enfatizou que a rede municipal de museos, que ampliará os seus horarios estes días- é a máis importante de España dado que Vigo é a cidade con máis museos municipais de todo o país.

O xoves, venres e sábado, Casa das Artes, Casa Galega da Cultura e a Pinacoteca abrirán de 11 a 14 horas e de 18 a 21 horas. O Verbum e o Museo Quiñones de León de Castrelos terán o mesmo horario de mañá e pola tarde serán visitables de 17 a 20 horas. O domingo, estes cinco centros expositivos municipais abrirán de 11 a 14 horas.

O Museo Liste-Etnográfico de Vigo acollerá distintas propostas durante a mañá do venres. Ás 10:30 horas comezará o "Furgolibro da Tía Ni", unha escolla de libros en galego, de segunda man, antigos e descatalogados; ás 11:30 horas empezará unha visita guiada polo museo e ás 12:30 horas, unha exhibición comentada sobre o lema de 2018 do Día Internacional dos Museos.

Por último, o Concello sumará na fin de semana visitas guiadas á exposición "Xulio Verne. Os límites da imaxinación", emprazada no MARCO vigués. Así, o público poderá tomar parte destas ás 12h, 18h e 19:30 horas do sábado e ás 12 horas do domingo.
Mais noticias
Caballero: "Porta do Sol naceu como rúa e a acción civil converteuna nunha praza"
O Concello conclúe a humanización da rúa Canceleiro, cun orzamento de 250.000 euros
Caballero apoia a manifestación de Policías Locais en defensa da xubilación anticipada
O goberno local comeza o luns a humanización de Venezuela coa renovación das redes de subministro
O escritor Antonio García Teijeiro, encargado de ler este xoves en Bouzas o bando das Letras Galegas


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003