Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
luns, 16 de abril de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Caballero pide responsabilidades políticas pola suspensión de intervencións cirúrxicas en Vigo

O alcalde alertou este luns da situación rexistrada durante os últimos días no Hospital Álvaro Cunqueiro, onde houbo de aprazarse operacións debido a problemas coa esterilización do material cirúrxico. "Trátase dun feito dunha gravidade extrema, non é un problema calquera, afecta ao corazón dos sistema sanitario de Vigo", sinalou o rexedor.


O alcalde de Vigo reclamou este luns responsabilidades políticas pola suspensión de intervencións cirúrxicas no Hospital Álvaro Cunqueiro despois de que fosen detectados problemas nas caixas material esterilizado.

"Estou moi preocupado, é un feito gravísimo, non é unha anécdota calquera e responde ao mal funcionamento do modelo que Feijoo instaurou no sistema sanitario de Vigo", sinalou Abel Caballero durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación.

O achado de óxido de aluminio nas caixas de esterilización provocou que a finais de pasada semana a dirección do centro médico decidise suspender intervencións cirúrxicas ata determinar cal era a causa da contaminación do material utilizado nas operación. "Por iso quero pedir responsabilidades políticas, a Xunta ten que asumir a responsabilidade, porque parece que non pasou nada, e aínda non escoitei a ningún dicir como vai a responder, que pensa facer, non deu explicacións", explicou.

O alcalde cualificou o problema como un feito "dunha gravidade extrema" nos hospitais no ano 2018 por un fallo reiterado na esterilización. "Non é un problema calquera, afecta ao corazón do sistema sanitario de Vigo", asegurou.
Mais noticias
O alcalde recibe o apoio "total" de colectivos de Teis para converter en biblioteca o edificio da Tesourería
O Concello xa distribuíu 124.000 PassVigo, tarxeta de pago exclusivo no autobús urbano
Programa de horta-escola para a mocidade


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003