Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 13 de abril de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello patrocina unha homenaxe a Pepe Longueira mañá sábado no Auditorio Municipal


O alcalde animou á cidade a acudir á homenaxe a Pepe Longueira organizada mañá sábado no Auditorio Municipal, ás 19,00 h, con entrada libre ata completar aforo. En rolda de prensa o alcalde eloxiou a capacidade creativa un compositor de música popular "excepcional".


O alcalde animou a toda a cidade a achegarse á homenaxe ao músico Pepe Longueira que se organizará mañá sábado 14 de abril, ás 19,00 h, no Auditorio Municipal, baixo patrocinio municipal. O rexedor quixo amosar a súa "cercanía" a un compositor e intérprete de música popular "excepcional", con gran capacidade de creación, que formou parte do Festival cancións dos nosos barrios durante a última década. O público poderá gozar mañá das actuacións de Música de fondo do trío, Arpegios, Alberto Cunha, Nataly Feel, Trío Ruada e Ronsel Sondaki, grupos de música popular "de gran pegada".
Mais noticias
O Concello propón instalar a Biblioteca do Estado nun novo edificio "singular" na rúa Lalín
A reforma ou ampliación de nove macro parques infantís en toda a cidade estará rematada nun ano
Cursos de pasamanería e cestería en colmo


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003