Escoitar

A banda mexicana Maná actuará en Castrelos o próximo 23 de xullo dentro de Vigo en festas

Caballero anunciou hoxe xoves que a actuación de Maná, o próximo 23 de xullo en Castrelos será outra das citas musicais programadas dentro de Vigo en festas. En declaracións aos medios, reiterou que a cidade contará este verán con dez grandes concertos entre os que tamén estarán Joan Manuel Serrat e Raphael.

xoves, 22 mar 2018
O alcalde trasladou o seu entusiasmo ao anunciar que Vigo Castrelos acollerá o próximo 23 de xullo a actuación da banda mexicana Maná. Trátase, explicou, doutro dos concertos gratuítos que o Concello programará dentro de Vigo en festas. Ademais dunha "sorpresa" que non quixo desvelar, haberá sete citas musicais máis, ás que se suman as dúas que xa están confirmadas. O 21 de xullo, será a quenda de Joan Manuel Serrat, que chegará a Castrelos a súa xira "Mediterráneo da Capo" e Raphael, que actuará con "Loco por cantar".