Escoitar

Caballero asegura que os pensionistas "non poden seguir perdendo capacidade adquisitiva"

Abel Caballero asegura que a situación económica, cun PIB en niveis anteriores á crise, permite aplicar unha suba das pensións, unha decisión política, aclarou. Logo de reiterar o seu apoio á mobilización organizada o sábado, na que estivo presente, insistiu en que non poden ser os 8 millóns e medio de xubilados os que segan a pagar a saída da mala situación económica.

luns, 19 mar 2018
1521465547pensiones.JPG
O rexedor felicitou esta mañá aos participantes na concentración de pensionistas que se organizou o sábado na rúa Príncipe á que tamén acudiu o propio Caballero. Logo de reiterarlles o apoio do goberno local á mobilización, asegurou que se antes xa era imprescindible o incremento real do poder adquisitivo das pensións, destacou "a gran conciencia que hai entre un colectivo que non pode seguir perdendo capacidade adquisitiva", sinalou. Criticou as "falacias" do Goberno central cando asegura que a economía non permite ese incremento porque, asegurou, o importante é repartir o crecemento do PIB e esa é unha decisión política. Na súa opinión, o PIB xa está en niveis anteriores á crise polo que é momento para aplicar unha lixeira suba xa que se trata de dereitos adquiridos logo de anos de cotizacións. Insistiu en que os 8 millóns e medio de pensionistas non poden seguir pagando a saída da crise.
Descargar todas as imaxes