Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
martes, 13 de marzo de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Abel Caballero propón a incorporación das cidades ao pacto estatal contra a seca

O alcalde e presidente da FEMP, quen se reunirá este mércores coa ministra de Medio Ambiente, asegurou que é preciso garantir o abastecemento de auga a núcleos urbanos para evitar situacións como as vividas en Vigo hai uns meses. Na súa axenda en Madrid, Caballero tamén citarase coa alcaldesa, Manuela Carmena.

O alcalde de Vigo e presidente da FEMP, Abel Caballero, viaxará este mércores a Madrid para entrevistarse coa ministra de Medio Ambiente, Isabel García Tejerina. "Comparto a preocupación pola seca, o cambio climático está aquí e temos que adaptar o país á nova situación", expuxo.

O primeiro edil vigués propón abordar de forma especial o sistema de abastecemento aos núcleos urbanos, que ata o de agora se daba por sentado. Caballero estima convinte incorporar polo tanto ás cidades ao pacto estatal contra a seca, ante a posibilidade, vivida meses atrás en Vigo, de que núcleos poboacionais de centos de miles de habitantes poidan verse nunha situación de carencia de auga para consumo humano.

Na súa axenda deste mércores en Madrid, antes da reunión da tarde coa ministra, Abel Caballero pronunciará unha conferencia no Fórum Europa sobre a situación do municipalismo en España e o momento que están a atravesar os concellos. A mediodía, segundo engadiu o alcalde e presidente da FEMP, celebrará unha reunión coa alcaldesa de Madrid, Manuela Carmena.
Mais noticias
Caballero refírese á k9 como un "modelo sensacional" cun previsible éxito no mercado
O Concello adica 5 millóns de euros ao mantemento dos centros públicos de Infantil e Primaria
Concello e Federación Galega acordan recuperar para Vigo o Rally Rías Baixas
Mostrarte exhibe nas dependencias de Alcaldía a obra do artista Diego de Giráldez


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003