Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
luns, 12 de marzo de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Caballero subliña o "comportamento magnífico" do aeroporto, cun crecemento do 13,9% en febreiro

O alcalde valorou este luns os datos colleitados polo aeroporto de Vigo no mes de febreiro, liderando o crecemento das terminais galegas cun 13,9% máis de viaxeiros con respecto ao mesmo mes do 2017.

Abel Caballero subliñou que o 13,9% de crecemento en pasaxeiros do aeroporto de Vigo é o maior das tres terminais galegas en febreiro, polo 12,4% de Santiago e o 9,3% da Coruña. Engadiu o rexedor que Vigo, que está a ter un "comportamento magnífico", tamén supera con folgura o incremento medio nos aeródromos españois, dun 9,2%.

No acumulado do presente ano, o aeroporto de Vigo crece un 12,5%, un dato que tamén sobrepasa o 11,9% de Santiago de Compostela e o 9,4% da Coruña, segundo a información trasladada este luns polo alcalde, quen explicou que, "calquera que sexa o índice que se utilice, o aeroporto de Vigo segue a crecer de forma fenomenal e magnífica".

"Levamos xa años consecutivos con estas taxas de crecemento no aeroporto", puxo en valor Abel Caballero, "superando amplamente o millón de viaxeiros" anuais na terminal de Peinador.
Mais noticias
O Concello propón o inicio "inmediato" da construción da Biblioteca do Estado nos terreos municipais da rúa Lalín
O alcalde destaca a "función social" dos Coidadores de Barrio no seu regreso ás rúas
O alcalde demanda un "cambio" para que Vigo entre no Plan Nacional de Vivenda
Caballero di que a Gala do Deporte de Vigo, o día 21 no Teatro Afundación, vai ser "de alto nivel"


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003