Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
luns, 12 de marzo de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O alcalde demanda un "cambio" para que Vigo entre no Plan Nacional de Vivenda

Abel Caballero censurou este luns que a cidade quede "excluida" dos criterios marcados polo Goberno de España neste Plan, que procura ofrecer facilidades de acceso á vivenda a aqueles con menos recursos. O rexedor recordou que Vigo ten a maior demanda de vivenda social de Galicia.

A nivel persoal, Abel Caballero cuestionou a idoneidade de limitar as axudas do Plan Nacional de Vivenda aos menores de 35 anos, "mais como alcalde si me preocupa moitísimo, porque Vigo está excluido deste plan" estatal.

"Esixímoslle o cambio, esiximos que Vigo estea incluido neste plan de vivenda", reclamou Caballero, que argumentou que "a maior demanda de vivenda social de Galicia está en Vigo: ¿cómo exclúen a Vigo do plan de vivenda?".
Mais noticias
O Concello propón o inicio "inmediato" da construción da Biblioteca do Estado nos terreos municipais da rúa Lalín
O alcalde destaca a "función social" dos Coidadores de Barrio no seu regreso ás rúas
Caballero subliña o "comportamento magnífico" do aeroporto, cun crecemento do 13,9% en febreiro
Caballero di que a Gala do Deporte de Vigo, o día 21 no Teatro Afundación, vai ser "de alto nivel"


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003