Escoitar

Caballero salienta a "internacionalización" que ofrece a reunión de ProVigo cos países de lingua portuguesa

O alcalde e presidente de ProVigo abriu este venres a reunión coa Confederación de Países Exportadores de Lingua Portuguesa (CPLP), co obxectivo de ofrecer oportunidades de internacionalización ás empresas de Vigo e a súa área metropolitana.

venres, 9 mar 2018
1520604483ProVigo.jpg
En declaracións aos medios, Abel Caballero considerou "da maior importancia" a reunión celebrada cunha Confederación que aglutina aos países de fala portuguesa (Angola, Brasil, Cabo Verde, Guinea Bissau, Guinea Ecuatorial, Mozambique, Timor Leste, Santo Tomé e Príncipe, ademais de Portugal), con preto de 240 millóns de habitantes en total.

O obxectivo da cita pasa por ofrecer oportunidades de internacionalización ás empresas de Vigo e a súa área metropolitana, nunha reunión con participación de distinta representación empresarial. O alcalde manifestou que deixou a reunión con "moi boa sensación" e amosouse convencido de que desta sairán "bastantes cousas" que suporán a "potenciación da economía viguesa e gallega, e dos países de fala portuguesa".
Descargar todas as imaxes