Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
luns, 12 de febreiro de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O alcalde destaca o "éxito" das turboglorietas, que reducen a siniestralidade nun 55%

Abel Caballero avanzou que o goberno de Vigo pintará a oitava turboglorieta en García Barbón con Rosalía de Castro en canto a climatoloxía o permita e estuda levala tamén á Praza do Bicentenario. Nas sete que xa funcionan na cidade, a media de redución da siniestralidade ascende ao 55%, revelou o alcalde.

O Concello de Vigo continúa estendendo as turboglorietas pola cidade e só agarda á chegada de dous días de sol para pintar a que será a oitava na cidade, emprazada no cruce da Avenida García Barbón con Rosalía de Castro.

"Será o antes posible", asegurou este luns en rolda de prensa Abel Caballero, quen avanzou que os técnicos municipais estudan converter en turboglorieta a Praza do Bicentenario, fronte ao Concello. O goberno vigués valorará todas as rotondas e adaptará aquelas que os técnicos consideren.

O alcalde valorou o "éxito extraordinario" das turboglorietas, de "gran comodidade", que aumentan a velocidade promedio de paso polos cruces e mellora a seguridade. A este respecto, Caballero ofreceu datos de siniestralidade antes e despois do pintado das sete turboglorietas coas que actualmente conta a cidade, cunha reducción do 55% dos siniestros.

A turboglorieta de Baleares-Gran Vía viu reducida a siniestralidade nun 72,58%; a de Castrelos-Portanet, nun 75,76%; a da Avenida Castelao con O Grove, nun 71,11%; Beiramar-rúa Coruña, nun 26,53%; Avenida de Europa coa VG20, nun 41,46%; Avenida de Europa coa Avenida de Samil, nun 66,67%; e a última en implantarse, no cruce de Jenaro de la Fuente coa Travesía de Vigo, a redución dos sinistros é do 30,43%.
Mais noticias
O alcalde reclama ao Goberno a aprobación da xubilación anticipada para os axentes da Policía Local
As paradas adicionais para mulleres nos buses nocturnos comezarán a funcionar o venres 16
Caballero anuncia Vigual, "a marcha máis importante que se poida facer nunca" pola igualdade, para o 11 de marzo
O Concello da o seu apoio á feira de mozos emprendedores en Vigo
CURSO DE LINGUA GALEGA "Auga doce"


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003