Escoitar

O goberno local recuperará o torreiro de Valadares como espazo público cultural e de ocio

Un acordo coa Diócese Tui-Vigo permitirá ao Concello acometer a humanización do torreiro de Valadares para habilitalo como espazo público de ocio. Así o explicou esta mañá o rexedor, logo de asinar un convenio co párroco de Valadares.

luns, 8 xan 2018
1515420517torreiro.JPG
O Concello de Vigo e a Diócese Tui-Vigo acordaron a cesión temporal do uso do torreiro de Valadares para organizar actos culturais, deportivos e de ocio. Segundo o convenio asinado esta mañá entre Caballero e o párroco de Valadares, é unha cesión gratuíta, por 25 anos, sen canon e sen contraprestacións.

Tal e como explicou o rexedor na posterior rolda de prensa, o Concello humanizará o espazo "que está nun estado de conservación deficiente", con beirarrúas, barandas, limpeza, pavimentación ou a instalación dun punto de recollida de residuos sólidos urbanos, entre outros. Deste xeito, abundou Caballero, recuperamos un espazo público, "atendendo unha demanda histórica de Valadares".
Descargar todas as imaxes