Escoitar

Vigo, unha das 10 cidades recoñecidas polas boas prácticas en servizos públicos

O alcalde amosouse "satisfeito" ao comunicar á cidadanía o resultado do estudo realizado pola entidade independente OSUR (Observatorio de Servizos Urbanos) que sitúa a Vigo entre as 10 urbes referentes e exemplares no desenvolvemento de boas prácticas no ámbito dos servizos públicos, que vén a avalar a calidade, eficacia e eficiencia do servizo prestado.

venres, 29 dec 2017