Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
luns, 04 de decembro de 2017

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O goberno municipal activa un plan de tráfico de Nadal ante a afluencia de visitantes

As tardes dos venres, sábados, domingos, festivos e véspera de festivos permanecerán cerradas ao tráfico as rúas Elduayen ata o cruce de Policarpo Sanz con Reconquista e Colón desde o entronque con Uruguay ata República Arxentina.




O alcalde informou hoxe da aplicación dun plan de tráfico especial durante o Nadal en varias rúas do centro ante o "número elevadísimo de visitantes" que está recibindo Vigo a cidade estes días para ver o alumeado e que chegan, dixo, de toda a provincia, do resto de Galicia e de España. Aludiu tamén ao nivel de ocupación "importante" rexistrado estas dúas últimas fins de semana na hostalería e restauración viguesas.

Así, ante a "inmensa afluencia" detectada na circulación de peóns e de coches, especialmente polas tardes, o Concello decidiu aplicar un plan de tráfico especial para o Nadal para facilitar o movemento das persoas.

Deste xeito, segundo expuxo o rexedor, realizaranse dous cortes de tráfico nas tardes dos venres, sábados, domingos, festivos e vésperas de festivo, entre as 18,00 horas da tarde e as 22,00 horas da noite. Quedará cortada a rúa Elduayen ata o cruce de Policarpo Sanz con Reconquista e tamén se prohibirá a circulación de vehículos desde o cruce de Colón con Uruguay ata o cruce de Colón con República Arxentina. Nestes tramos haberá circulación de transporte urbano para dar servizo á cidadanía.
Mais noticias
O Concello comeza en Matamá as obras de recuperación das zonas afectadas polos lumes
O Concello inicia a próxima semana as catas arqueolóxicas para a peonalización da Porta do Sol
O goberno local xa está colocando os módulos da estrutura da cuberta da bancada de Río
Vinte persoas integran a I Lanzadeira de Emprego de Vigo


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003