Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
luns, 04 de decembro de 2017

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello inicia a próxima semana as catas arqueolóxicas para a peonalización da Porta do Sol

O goberno de Vigo arranca desde o próximo luns os estudos arqueolóxicos previos á obra de peonalización da Porta do Sol, mediante o soterramento do tráfico rodado. Abel Caballero anunciou que o mesmo luns, 11 de decembro, o Concello comezará as prospeccións arqueolóxicas para a humanización de Serafín Avendaño.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este luns que o Concello iniciará a próxima semana as catas arqueolóxicas previas á peonalización da Porta do Sol.

O goberno vigués prevé peonalizar a Porta do Sol cun investimento de seis millóns de euros e o soterramento do tráfico rodado, cun novo vial baixo terra de dobre dirección de 210 metros de lonxitude. Tras as prospeccións, o Concello agarda o visto bo de Patrimonio Histórico da Xunta de Galicia para dar comezo á obra.

En rolda de prensa, Caballero tamén trasladou a decisión municipal de iniciar as catas arqueolóxicas en Serafín Avendaño, no tramo comprendido entre Areal e Rosalía de Castro, unha rúa "moi deteriorada" que vai ser humanizada polo Concello de Vigo.
Mais noticias
O Concello comeza en Matamá as obras de recuperación das zonas afectadas polos lumes
O goberno municipal activa un plan de tráfico de Nadal ante a afluencia de visitantes
O goberno local xa está colocando os módulos da estrutura da cuberta da bancada de Río
Vinte persoas integran a I Lanzadeira de Emprego de Vigo


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003