Escoitar

O rexedor presenta unha programación de Nadal para toda a cidadanía

O Parque infantil de Nadal "O mundo do xeo", campamentos matinais en Vigozoo, concertos, Papá Noel e os Reis Magos, pistas de xeo, música e deporte encherán de actividades o calendario de Nadal en diferentes espazos e rúas da cidade.

venres, 1 dec 2017
1512136403nadal.JPG
Abel Caballero avanzou este venres parte do programa municipal de Nadal pensado para "os máis pequenos pero tamén para toda a cidadanía". As actividades comezan mañá sábado, 2 de decembro, co Festival Rock Concello de Vigo que xuntará no IFEVI dende as 21:30 horas a Rosendo, Medina Azahara e Motores.

Para os máis pequenos, o Concello abrirá os días 23, 24, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro o parque infantil "O mundo do xeo", que se desenvolve no vestíbulo do Auditorio Mar de Vigo cunha temática centrada no mundo xélido, trasladando unha mensaxe de coidado e protección medioambiental con talleres e actividades lúdicas e educativas. A entrada é de balde, ata completar aforo, tendo que recollerse no propio Auditorio. O parque de Nadal compleméntase con espectáculos infantís: o 2 xaneiro, Tanxarina pon en escena "A Galiña Azul", o 3 xaneiro poderá verse "O Gran Libro Máxico, unha aventura musical" e o día 4 o Festival Rock en Familia, descubrindo a ACDC, Queen e Beatles. Celébranse todos ás 18:30 horas da tarde.

VigoZoo acollerá durante a época navideña campamentos matinais orientados ao enriquecemento ambiental con actividades de reciclaxe, ecoloxía e biodiversidade, para cativos de 6 a 12 anos en horario de 10 a 14 horas, coa posibilidade de amplialo de 8 a 15 horas "nun esforzo para facilitar a conciliación laboral e familiar". Deberá facerse a inscrición a través do teléfono de Vigozoo.

O centro da cidade contará tamén con animación infantil: o Tiovivo permanecerá na Porta do Sol ata febreiro, o Tren de Nadal na Praza do Mercado do Progreso e hai atraccións infantís na explanada del Náutico tamén ata primeiros de ano. Funcionan en días lectivos de 17-21h e nos días non lectivos de 12-14:30 e de 16:30 a 21 horas. Ademais, haberá tres pistas de xeo: en Samil, en Lavadores-Barreiro e no Real Club Náutico de Vigo.

Abel Caballero destacou, dentro da programación do Concello para este Nadal 2017, o Belén monumental instalado na Casa das Artes ao ser "unha obra de arte que merece a pena ver, que amosa o traballo de 30 persoas durante tres anos, e é artisticamente un espectáculo". Permanecerá exposto ata o 7 de xaneiro con diferentes horarios: de luns a venres de 18-21h, sábados: 11-14h e de 17-21h, domingos e festivos: 12-14 e de 17-21h, Noiteboa, fin de ano e o día 5 de xaneiro de 12 a 19 horas e en Nadal, Aninovo e Reis, de 12-14 e de 17-21 horas.

As nenas e nenos vigueses poderán facer as súas peticións a Papá Noel dende mañá sábado, ás 18:00 da tarde, cando chega á cidade e recibe na casa de madeira situada ao carón do MARCO en Príncipe. Poden visitalo de luns a venres de 17 a 21h e os sábados, domingos e festivos de 11-14h e de 17-21h.

Este Nadal haberá mercadiño navideño en Príncipe, aberto ata o 5 de xaneiro de 12 a 21 horas, mercadiño no Calvario, con horario de luns a sábado de 10 a 13:30h e de 16:30 a 21horas. O goberno local organiza tamén un Flash Mob o domingo 17 de decembro entre as 19 e as 20:30.

Reis Magos
Desde hoxe e ata o 15 de decembro, os cativos vigueses nacidos entre o 1 de xaneiro de 2005 e o 31 de decembro de 2009 poden enviar as solicitudes para participar na Cabalgata de Reis. Os 36 afortunados sairán do sorteo que se celebrará o día 20 no Concello.

Antes da cabalgata, o carteiro Real visitará asociacións veciñais e centros culturais de barrios e parroquias para recoller as cartas das nenas e nenos. O 22 de decembro estará en Bouzas, de 18 a 8:45, e en Praza América e Independencia, de 19:15 a 20 horas, o día 30 chegará ao Calvario (18-18:45) e a Teis (19:15-20h) e o 4 de xaneiro visitará o Mercado do Progreso (18-18:30h), Príncipe (18:30-19h) e o Casco Vello (19:15-19:45).

A Cabalgata de Reyes encherá a cidade de ilusión o venres 5 de xaneiro dende as 18 horas. Dedicada aos "Contos infantís" para o alcalde será "a mellor cabalgata de Reis de ningún sitio do mundo" cun percorrido que parte da rotonda de Isaac Peral, segue por Policarpo Sanz e remata na Porta do Sol, onde o alcalde entregará as chaves da cidade ás súas Maxestades de Oriente. Antes deste momento, visitarán a nenas e nenos ingresados en hospitais e recibirán as últimas peticións ás 12 horas no Auditorio do Concello.

Actividades musicais
Dentro da programación de Nadal hai espazo para a música en directo. O auditorio Mar de Vigo acolle o 6º Festival Rey Rivero os días 6, 8, 10 decembro coa participación da práctica totalidade das corais viguesas. Estarán Nautilius Comesaña, Val do Fragoso, Atlántida de Matamá, Perla del Atlántico de Alcabre, Beade, Rosalía de Castro, San Roque, Coro de Cámara Rías Baixas, Coto de Carballal, Lira de San Miguel Oia, Vivacce, Zamáns, Cabral, Coruxo, Navia, Valladares, URECA, Santa Clara, Apóstol Santiago, Padres Capuchinos, Agarimo, Rivera Atienza, Teis e Allegro.

O Concello programa panxoliñas en residencias asistenciais ao longo do mes de decembro: o día 8 nos Irmáns misioneiros de Teis, o día 15 na Residencia Santa Marta de Alcabre e na Residencia de maiores do Meixoeiro e o 20 na Residencia Santa Marta Alcabre coa participación dos coros Apóstol Santiago, Vivacce, Coro Rocieiro e Enarmonía.

O Auditorio Municipal acollerá un concerto de panxoliñas o 15 de decembro ás 20:30 horas, con entrada libre hasta completar aforo, a Orquesta Sinfónica de Vigo 430 interpreta a Novena Sinfonía de Beethoven o 22 de decembro, ás 20:30 no mesmo espazo e no que o rexedor prevé "un concerto máxico, excepcional". A Orquestra Clásica de Vigo ofrece un recital o 29 decembro ás 20:30 no Teatro Afundación e haberá concertos de Nadal de bandas de música e corais no Auditorio Municipal, o día 22 a cargo do Ateneo Musical de Bembrive e da Coral Helios de Bembrive, o 23 da Unión Musical Cabral e a Coral Cabral e dúas citas máis no Auditorio Mar de Vigo: o 29 de decembro da man da Unión Musical de Valladare e a Coral de Valladares e o 30 coa Agrupación Musical Atlántida Matamá e o Orfeón Airiños de Vigo.

Ademais, durante o Nadal, as diferentes rúas e prazas da cidade acollerán desfiles de rondallas, a Biblioteca Municipal Neira Vilas desenvolve programación especial nesta época: o venres 11, ás 18 horas, "Entre arrolos e contiños", para bebés desde os 12 meses e ata os 3 anos e o xoves 28 de decembro haberá obradoiros navideños de 11 a 13 horas para nenos a partir de 5 anos, previa inscrición.

No ámbito deportivo, o rexedor destacou dúas citas: o Nadal Deportivo, entre o 2 e o 4 de xaneiro, con actividades entre as 9 e as 14 horas na Fundación Vide e a carreira San Silvestre, o 31 de decembro, coa que "queremos bater marcas chegando a 10.000 participantes".
Descargar todas as imaxes