Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
mércores, 15 de novembro de 2017

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello subvenciona con 251.000 euros o uso de instalacións deportivas de catorce entidades

O rexedor asinou este mércores convenios de colaboración con centros educativos, entidades sociais e deportivas para que empreguen as instalacións deportivas municipais sen ter que aboar o custo do seu uso, que será asumido polo Concello.




Os acordos de colaboración supoñen un gasto para as arcas municipais de 247.000 euros, tal e como explicou Abel Caballero, tras asinar cos responsables de catorce centros educativos, entidades sociais e deportivas da cidade os convenios que os eximen do abono do pago polo uso de instalacións deportivas.

Os importes que asume o Concello tal e como recollen os convenios quedan da seguinte maneira no caso dos centros educacionais: o IES Santo Tomé: 11.130 euros, o IES Santa Irene: 11.130 euros, o IES A Guía: 11.081,13 euros, o IES de Teis: 7.608,15 euros e o CEIP Altamar: 9.428, 50 euros.

No caso das entidades sociais, Alborada queda eximida do pagamento de 1.220 euros, Menela de 1.598 euros, San Francisco de 2.800 euros, Down Vigo de 1.622 euros e a Fundación Igual-arte de 238 euros.

Catro son os colectivos deportivos que non terán que pagar polo uso de instalacións municipais: a Federación Galega de Tenis, cun valor que correspondería a 85.032 euros, a Federación Galega de Taekwondo: 634 euros, a Agrupación Deportiva Vigo enXogo: 97.185 e ASPOFUSA: 10.331 euros.
Mais noticias
O alcalde esixe a construción do centro de saúde de Bouzas e nega a necesidade de facer un estudo previo
O Concello reserva un millón de euros no 2018 para completar a humanización de Aragón, por 6,3 millóns
Caballero insta novamente á Xunta a reducir o caudal ecolóxico de Eiras e Zamáns
O Concello adica 812.000 euros ao centro da UNED de Vigo
O I Congreso Cultura e Igualdade analizará en Vigo as medidas para fomentar a igualdade na industria audiovisual
Plenos da Corporación Municipal


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003