Escoitar

O Concello mellora 10 quilómetros de vías municipais por máis de 900.000 euros

"Continuamos co ritmo imparable de humanizacións" apunta o rexedor, neste caso, nas parroquias onde se están acometendo obras de substitución de firmes que se completarán nas próximas semanas.

luns, 13 nov 2017
O goberno municipal traballa estes días na mellora do forme das vías municipais na zona centro da cidade. En concreto, están aglomeradas xa as rúas Covadonga, Eduardo Cabello e Arines e a piques de rematar Pastora e Couto, mentres mañá martes está previsto o inicio dos traballo en Marqués de Alcedo.

Para Abel Caballero este plan responde aos "asfaltados masivos" que comprenden un total de 10 quilómetros dentro do "ritmo imparable de humanizacións no rural" do goberno local que inviste nestas obras máis de 900.000 euros.

Os traballos continuarán nas próximas semanas en Coruxo -Camiño do Viñó-, na Estrada de Beirán e na rúa Roupeiro en Matamá, en Bembrive: Camiño Arieiro, en Zamáns na Estrada de Marcosende, en Alcabre - Camiño do Cruceiro e Camiño do Forte, en Castrelos e Sárdoma - Camiño do Viloura e Estrada de Miraflores-, en Candeán no Camiño do Monte Vixiador e na avenida de Dona Fermina en Teis.