Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
martes, 10 de outubro de 2017

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


As XXIV Xornadas de Filosofía, impulsadas polo Concello, analizarán a medicina desde o prisma filosófico

O alcalde, Abel Caballero, e o presidente do Grupo Aletheia-Vigo, Avelino Muleiro, presentaron este martes o evento, con entrada de balde ao Auditorio municipal do 16 ao 19 de outubro. Baixo o epígrafe "Filosofía e medicina", as xornadas programan conferencias sobre temas de actualidade como a xestación subrogada ou o modelo sanitario galego.




Cartel


Na súa intervención este martes, Abel Caballero amosou a súa "gran satisfacción" pola participación municipal na celebración destas xornadas e eloxiou a "sempre acertada" elección dos temas a tratar. Por último, o alcalde animou á cidadanía a achegarse ao Auditorio Municipal do Concello e seguir as conferencias.

O Concello de Vigo, baixo a dirección técnica do Grupo Aletheia-Vigo, promove a viséximo cuarta edición das Xornadas de Filosofía que terán lugar, no Auditorio Municipal do Concello, do 16 ao 19 de outubro, ambos inclusive. O evento foi presentado este luns polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o presidente do Grupo, Avelino Muleiro.

As xornadas sempre buscaron un tema de actualidade ou de enorme interese social para someter a debate. Cosmoloxía, relixión, economía, socioloxia, ética, ciencia, política… e outros moitos temas xa foron tratados en edicións anteriores. Este ano decidiuse propor a medicina baixo a mirada filosófica: "Filosofía e medicina". As razóns desta elección temática son varias, e todas elas de contundente peso intelectual: os criterios filosóficos, bioéticos e relixiosos que examinan a práctica médica; os protocolos e a relación médico-paciente-familiares; a repercusión política na medicina; o uso -e abuso- de fármacos e alternativas pseudocientíficas á medicina científica; a existencia dun profundo debate social sobre a situación do modelo sanitario en Galicia, en España e no resto do mundo; ou temas actuáis a debate como a eutanasia, a concepción subrogada, o aborto…

Para abordar este tema, seleccionáronse os mellores expertos entre médicos e filósofos, tendo que lamentar o falecemento fai uns días de Jesús Mosterín, que formaba parte do programa inicialmente. O currículum de cada relator é soberbio, e cada un deles é do mellor que hai nestes momentos en España na súa profesión: Anxo María Carracedo, Javier Sábada, Benjamín Herreros, Enrique Echeburúa, Josep Toro, Adolf Tobeña, Igancio Mogardo e Manuel Toharia. Todos proveñen das máis prestixiosas universidades de España: Autónoma de Barcelona, Autónoma de Madrid, País Vasco e Universidade de Santiago de Compostela.

A inscrición nas xornadas pode realizarse a través de correo-e no enderezo "xornadasaletheia@yahoo.es", ou o propio luns 16 no auditorio. A entrada é libre e de balde.
Mais noticias
O Concello construirá unha nova praza na confluencia de Sanjurjo Badía coas rúas Nardos e Santander
O goberno de Vigo cooperará con 30.000 euros co proxecto humanitario de ACNUR en Iraq
O alcalde anima á participación o domingo 22 de outubro na V edición de Vigo contra o cancro
Caballero defende no Día Mundial da Saúde Mental o dereito ao traballo das persoas con capacidades diferentes
O rexedor di que a Semana do Atlántico de vela "coloca a Vigo no lugar que lle corresponde"


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003