Escoitar

O goberno local investirá 8,5 millóns de euros na construción ou renovación de pavillóns deportivos

O goberno local renovará as infraestruturas deportivas cun investimento 8,5 millóns de euros. Concretamente, aludiu á reforma dos pavillóns de Río, Quirós, Romil, aos que hai que engadir o cambio do céspede en dez campos.

luns, 11 set 2017
O alcalde deu conta esta mañá dunha previsión de 8,5 millóns de euros en novas dotacións deportivas. Concretamente, referiuse á reforma dos pavillóns de Río, de Quirós (3 millóns), de Romil (2 millóns), así como á renovación do céspede de dez campos (dous millóns). Tal e como explicou, unha parte destes investimentos realizaranse en colaboración coa Deputación de Pontevedra.