Escoitar

O Concello permite recuperar os concertos na Concatedral coa restauración do órgano

O arranxo do instrumento, orixinario de 1909, contempla a incorporación de ata 1200 tubos converténdoo "nun dos máis notables de España". O goberno municipal investirá 139.000 euros nos traballos de restauración.

luns, 14 ago 2017
1502714810organo.jpg
O alcalde e párroco da Concatedral de Santa María asinaron este luns un convenio de colaboración mediante o cal o Concello se compromete a financiar os gastos de reparación do órgano do templo, de estilo bizantino e con valor artístico. Foi construído en 1909 e é "excepcional, con 900 tubos e unha sonoridade fantástica", que se verá mellorada coa incorporación de novos tubos, ata chegar aos 1.200 e converténdose así "nun dos máis notables órganos de España" en palabras do rexedor.

O Concello asumirá o custo dos traballos de restauración e afinación do órgano cun investimento total de 139.000 euros co obxectivo de que Vigo recupere a música de órgano e a Colexiata organice concertos abertos a toda a cidade. "Cremos que pode estar listo no Nadal, para poder facer o primeiro gran concerto de órgano en Vigo no século XXI", aínda que apuntou que non había prazos marcados. Ademais, en virtude do convenio, a Concatedral organizará visitas guiadas para ver o órgano como unha forma de "difundir arte e cultura".
Descargar todas as imaxes