Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 11 de agosto de 2017

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O goberno local amplía a Escola de Música de Beade cun investimento de 463.000 euros

Segundo apuntou o rexedor, o obxectivo do Concello é ampliar as instalacións que emprega a Banda de Música da Escola. Amais o Concello destinará 165.000 euros á instalación de novos bancos na cidade e 130.000 para renovar árbores e plantas.

A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves o expediente de contratación por procedemento aberto das obras de acondicionamento e mellora da Escola de Música de Beade e da súa contorna, que teñen un importe máximo de 463.000 euros entre os anos 2017 e 2018. "Imos ampliala e vai quedar de cine", apuntou Abel Caballero, que indicou que o prazo estimado das obras é de cinco meses nos que se actuará no interior e exterior da infraestrutura.

Amais, o alcalde deu conta das melloras que se van realizar no Instituto de Educación Secundaria de Beade, cunha renovación importante de toda a rede de saneamento na súa contorna para mellorar o seu funcionamento e, ao mesmo tempo, o Concello acometerá obras nos vestiarios do pavillón deportivo do centro, que se atopan en mal estado.

Bancos e árbores
A Xunta de Goberno Local tamén deu luz verde ao expediente de contratación por procedemento aberto do subministro de bancos por un importe de 165.000 euros nos próximos catro anos, nos que se instalarán arredor de 1.000 novas unidades na cidade. Amais, quedou aprobado o expediente de contratación do subministro de árbores, arbustos e planta de temporada cun investimento de 130.000 euros para o período 2017-2020.
Mais noticias
O alcalde valora a "amizade" viguesa con A Guarda na apertura das rúas "Vigo" e "Celta"
O Concello lanza unha aplicación móbil para ver a vila romana de Toralla en realidade aumentada
O goberno de Vigo aproba a humanización de Marqués de Valterra, que contará con dous ascensores a Torrecedeira
O Concello achega case 139.000 euros para a restauración do órgano da Concatedral
O Concello aproba modificacións no proxecto para reforzar a cuberta da grada de Río
O alcalde compromete apoio á Asociación Bicos de Papel de axuda a nenos oncolóxicos


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003