Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
mércores, 09 de agosto de 2017

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O alcalde reitera o compromiso de Vigo co pobo saharauí

Este mércores recibiu ao novo delegado saharauí en Galicia a quen lle manifestou a vocación do goberno municipal de pagar todas as viaxes dos nenos que pasan o verán con familias viguesas, que este ano supuxo unha achega de 60.000 euros.




Abel Caballero recibiu hoxe a Saad El Mami Ahmed Salem, novo delegado do Pobo Saharauí en Galicia, con quen sinalou que manterá "unha moi cordial relación igual ca cos anteriores representantes".

O rexedor apuntou a cooperación que mantén o Concello coa Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí para o seu programa "Vacacións en Paz", cunha achega de 60.000 euros neste 2017, un importe destinado a pagar de forma íntegra as viaxes dos 70 nenos e nenas que pasan o verán con familias da cidade. Deste xeito, reitera o compromiso para os vindeiros anos de seguir cubrindo os gastos dos desprazamentos, sen limitación no número, a todos os cativos que veñan a Vigo desde os campamentos do deserto.
Mais noticias
Caballero e o tenente de alcalde de Barcelona coinciden na necesidade de incrementar o financiamento municipal
Vigo, entre as cidades españolas coa auga máis barata, segundo un estudo da OCU
O Concello ofrece contemplar a choiva das Perseidas desde Vigozoo
O goberno de Vigo adxudica este xoves os proxectos de humanización das estradas do Porto e da Provincial


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003