Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
mércores, 09 de agosto de 2017

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello ofrece contemplar a choiva das Perseidas desde Vigozoo

A actividade, pensada para un máximo de 150 persoas, comeza este sábado ás 22:30 horas da noite coa presenza de astrónomos. Será unha das accións coas que o goberno local quere conseguir que Vigo sexa destino Starlight.

O alcalde deu conta este mércores das actividades organizadas para a madrugada do sábado ao domingo na contorna de Vigozoo para a observación da choiva de estrelas fugaces das Perseidas.

Así, entre as 22:30 e as 00:30 da noite do sábado ao domingo, un máximo de 150 persoas poderán contemplar a choiva de estrelas, guiados por astrónomos, en varios espazos de Vigozoo: o auditorio, o paseo central e los niños desde las cabanas existentes. Entre a 1:00 e as 3:00 da madrugada, a actividade trasládase ao exterior do Zoo, no miradoiro da Madroa, onde da man dos expertos todas as persoas asistentes, sen límite de prazas, poderán aprender a observar o ceo e entender o fenómeno das Perseidas.

Caballero manifestou que o Concello quere situar a Vigo como un destino turístico Starlight porque "se dan as condicións" xa que en montes como o Alba "a contaminación lumínica é practicamente inexistente" e permiten ver a actividade das estrelas en boas condicións. Engadiu que a intención é que Vigozoo e a súa contorna sexan espazos Starlight e tamén montes como o Alba ou o dos Pozos.
Mais noticias
Caballero e o tenente de alcalde de Barcelona coinciden na necesidade de incrementar o financiamento municipal
Vigo, entre as cidades españolas coa auga máis barata, segundo un estudo da OCU
O goberno de Vigo adxudica este xoves os proxectos de humanización das estradas do Porto e da Provincial
O alcalde reitera o compromiso de Vigo co pobo saharauí


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003