Escoitar

O bando do Día de Galicia en Vigo correrá a cargo de Víctor Freixanes

O presidente da Real Academia Galega será o encargado da redacción do bando deste ano polo Día de Galicia, segundo anunciou este venres o alcalde, Abel Caballero. O Concello celebrará o Día de Galicia en Vigo o próximo mércores, 26 de xullo, no Pazo de Castrelos.

venres, 21 xul 2017
O alcalde argumentou a elección do pregoeiro como un "recoñecemento" ao actual e aos dous anteriores presidentes da institución, os tres vigueses, o que revela o "poderío" vigués na lingua galega e "a nosa capacidade de xerar cultura, de facer literatura".

Abel Caballero propuxo ademais que Vigo acolla unha sede oficial da Real Academia Galega, ademais da existente na Coruña, coincidindo coa presenza na cidade olívica do Pergamiño Vindel e dos 750 anos das Cantigas de Martín Códax. O alcalde ofreceu a colaboración do Concello ao efecto.