Escoitar

O Concello inviste 1,3 millóns de euros na "humanización excepcional" de Vía Norte

Tras o remate das obras, o alcalde visitou este xoves o tramo comprendido entre Travesía de Vigo e Escultor Gregorio Hernández e adiantou que, coa inversión de máis de 2 millóns de euros do superávit, o goberno completará toda a rúa.

xoves, 20 xul 2017
1500555351vianorte.jpg
Abel Caballero cualificou de "humanización excepcional" a obra realizada no tramo de Vía Norte entre Travesía de Vigo e Escultor Gregorio Hernández poñendo en valor o seu deseño, ao que se engadirá a pintura da parede da Igrexa de Fátima.

Cun investimento de 1,3 millóns de euros nunha lonxitude de 330 metros, o Concello dotou Vía Norte con case un quilómetro de tubaxes renovadas, saneamento, pluviais e abastecemento. A rúa dispón agora de 200 metros cadrados de superficie axardinada con 41 árbores, sistema de rego automático e unha nova rede de alumeado con 18 farois LED cunha iluminación con proxectores na fachada da Igrexa de Fátima. Instaláronse tamén novas papeleiras e 20 bancos grandes.

O rexedor adiantou que a humanización de Vía Norte se vai completar cun orzamento superior aos 2 millóns de euros co investimento do superávit, ao igual que a rúa Fátima que se humanizará tamén con cargo ao superávit.
Descargar todas as imaxes