Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 19 de maio de 2017

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O alcalde esixe á Xunta que cumpra o compromiso de custear un bus directo ao aeroporto

"Non sabemos nada" da Xunta "desde o 5 de setembro", data na que o goberno de Vigo remitiu observacións "insignificantes" ao borrador de convenio, sobre o que "hai acordo", explicou Caballero. O Concello reclama á Xunta de Galicia que subvencione un bus express ao aeroporto como fai en Santiago, con 340.000 euros.

Abel Caballero retomou este venres a demanda de que a Xunta de Galicia cumpra o seu "compromiso" e custee un autobús directo entre Vigo e o seu aeroporto, da mesma forma que o fai en Santiago de Compostela, onde adica 340.000 euros.

"Oito meses pasaron e non sabemos nada da Xunta de Galicia", denunciou Abel Caballero. O goberno de Vigo agarda pola Xunta desde o 5 de setembro, cando remitiu observacións "insignificantes" ao borrador de convenio existente, sobre o que "hai acordo". Desde entón, "seguimos esperando pola Xunta de Galicia", asegurou.

Caballero recordou que o goberno presidido por Núñez Feijóo adica 340.000 euros a sufragar un autobús directo entre Santiago e Lavacolla. "Nos parece ben", valorou o rexedor, quen requeriu "que faga o mesmo en Vigo", tal e como foi acordado e era o seu compromiso.

"Non entendemos cal é a diferencia entre Santiago e Vigo. Non sabemos por que subvenciona o autobús de Santiago ao seu aeroporto, cuestión que nos parece ben, pero non sabemos por que non subvenciona un autobús de Vigo ao seu aeroporto", explicou o alcalde. Caballero denunciou esta "agresión" de Núñez Feijóo á cidade e pediu explicacións ao presidente da Xunta de Galicia ao respecto.
Mais noticias
O Concello oferta 25.256 prazas en campamentos e actividades de ocio para o verán
O goberno de Vigo apoia con 85.000 euros os programas sociais de catro asociacións
ÁREA DE EMPREGO
CONCELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL
"SUBVENCIÓNS DA CONCELLERÍA DE IGUALDADE
Política de Social
Médidas de tráfico por obras


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003