Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 19 de maio de 2017

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello oferta 25.256 prazas en campamentos e actividades de ocio para o verán

Os campamentos de verán organizados desde o Concello aumentaron nun 14% respecto do ano pasado, alcanzando neste 2017 a cifra de 25.256 prazas. Este ano súmase a praia de Alcabre e o pavillón de Lavadores aos espazos nos que tradicionalmente xa se organizan estas actividades.




O Concello ofertará este ano 25.256 prazas de campamentos urbanos, 3.100 máis que o ano pasado, o que supón a cifra máis alta de actividades que nunca se organizaron na cidade. Son case 4.000 prazas en campamentos urbanos e actividades deportivas e máis de 21.000 de actividades de ocio infantil e xuvenil. Este programa, organizado desde as concellerías de Xuventude, Deportes e Política Social, ofrece propostas para todas as idades, a partir dos 4 anos. O orzamento do programa supera os 250.000 euros , e o Concello subvenciona case o 70% de cada actividade.

Tal e como explicou o rexedor, este ano incorporarase a praia de Alcabre e o Pavillón de Lavadores como novos espazos, aos que se suman outros xa tradicionais como Vigozoo, os arenais da ETEA e Samil, os pavillóns da ETEA, Navia, Bouzas, Coia, Travesas, o complexo deportivo de Samil, Vigosónico, Liceo Marítimo de Bouzas e, finalmente, a Casa da Xuventude.

Os obxectivos son, segundo detallou Caballero, ofertar un tempo de ocio educativo dentro da cidade; favorecer o emprego e a participación xuvenil; facilitar a conciliación da vida familiar, persoal e laboral; potenciar a inmersión lingüística en inglés; educar no respecto ao medio ambiente; achegar a cultura marítima á mocidade, así como as actividades deportivas e de ocio que ofrece a nosa Ría.

O único requisito é estar empadroado en Vigo e a presentación de solicitudes abrirá as 00,00 h de hoxe venres e estará operativa ata o 31 de maio en verán.xuventudedevigo.org. O proceso será telemático, como o ano pasado, e no caso de de non ter acceso a Internet ou precisar de axuda, hai persoal de apoio e ordenadores dispoñibles na Casa da Xuventude.

Unha vez pechado o prazo, a adxudicación será por sorteo e o 2 de xuño publicarase o listado definitivo de solicitudes e ese mesmo día, ás 12,00 horas, se realizará o sorteo, que será público. O día 3 coñecerase o primeiro listado de adxudicatarios e o primeiro listado provisional de vacantes.

Entre o 3 e o 7 de xuño se formalizarán as inscricións e o 10 de xuño se publicará un listado definitivo de vacantes (12,00h). A partir dese momento e ata as 14,00 do día 12, se poderá solicitar algunha desas prazas, tamén de forma telemática. Se e a partir dese momento houbera aínda vacantes, abrirase un terceiro prazo de inscrición a partir do 17 de xuño que xa será con adxudicación directa na Casa da Xuventude.
Mais noticias
O alcalde esixe á Xunta que cumpra o compromiso de custear un bus directo ao aeroporto
O goberno de Vigo apoia con 85.000 euros os programas sociais de catro asociacións
ÁREA DE EMPREGO
CONCELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL
"SUBVENCIÓNS DA CONCELLERÍA DE IGUALDADE
Política de Social
Médidas de tráfico por obras


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003