Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 18 de maio de 2017

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O goberno local adica preto dun millón de euros ao mantemento dos 8 cemiterios municipais

Abel Caballero deu conta hoxe xoves da aprobación do expediente de contratación do servizo de mantemento dos oito cemiterios municipais. Cun orzamento de licitación de 923.913 euros, o contrato será por 3 anos.

A Xunta de Goberno deu luz verde ao expediente de contratación do servizo de limpeza, acondicionamento, conservación e mantemento integral dos cemiterios municipais por importe de 923.913,27 euros. Cunha duración de tres años, a adxudicataria terá que atender os camposantos de Beade, Bembrive, Cabral, Candeán, Lavadores, Pereiró, Teis e Zamáns.

En rolda de prensa, o rexedor tamén deu conta da proposta de adxudicación dunha parte dos servizos para a xestión, organización e desenvolvemento do Programa de inmersión lingüística Vigo en inglés 2017. A empresa adxudicataria do contrato incorpora unha mellora de dez novas prazas polo que o número de alumnos da ESO que se beneficiará desta iniciativa serán 667 aos que hai que sumar 92 máis da Escola de Idiomas o que fai un total de 759 prazas. A inversión municipal ascende a 1.665.000 euros, detallou.

Outro dos asuntos que se aprobaron foi o proxecto de convenio coa Asociación de Axuda ao Enfermo Mental DOA para o desenvolvemento das súas actividades. A subvención de 7.290 euros servirá para financiar un obradoiro de cartón-pedra, coiro e serigrafía.

Por último, o goberno local tamén validou o proxecto de convenio de colaboración coa Fundación Érgute-Integración para a realización de prácticas profesionais non laborais dos alumnos dun curso de operador de telemarketing.
Mais noticias
O goberno de Vigo organiza un concerto reivindicativo coa Coral Casablanca para reclamar o AVE directo a Madrid
Caballero pide "celeridade" ao Goberno e ao Parlamento na modificación do imposto de plusvalía
A Biblioteca Municipal Auditorio Mar de Vigo xa funciona cunha ocupación do 100%
O Concello abre na Casa das Artes a mostra "Tempos dun Encontro: Ánxel Huete, Manel Lledós, Miguel Saco"
Ambel leva aos espazos da Alcaldía a colorida proposta "Vigo: a cidade arte"
O Concello conmemora o Día Internacional dos Museos con programación especial entre o 18 e o 21 de maio


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003