![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|
![]() |
![]() ![]() |
![]() |
![]() |
![]() ![]() ![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|||||||
|
![]() |
O Auditorio Municipal acollerá o domingo 23 a espectáculo familiar VALADOS ![]() A programación de Vigocultura levará o domingo 23 ao Auditorio Municipal a obra para público familiar VALADOS. O espectáculo, ademais conmemorar o Día Internacional do Libro, será unha homenaxe ao seu autor, Agustín Fernández Paz, falecido en Vigo o pasado mes de xullo. Este domingo día 23 de abril representarase no Auditorio Municipal do Concello a obra "VALADOS" para público familiar, dentro da programación de Vigocultura do primeiro semestre. Esta obra ten unha dobre vertente: a conmemoración do Día Internacional do Libro a o recoñecemento e homenaxe ao seu autor Agustín Fernández Paz, falecido o pasado mes de xullo na nosa cidade onde residía dende hai tempo. A obra conta a historia de Helena e Xoel, da súa fermosa amizade e da súa vila, chea de vida até que un vento fantasmagórico lle rouba a ledicia e o amor e aproveita as deliciosas diferenzas entre as persoas para convertelas en prexuízos: o medo ao diferente, a desconfianza do veciño... Prexuízos adultos suficientes para erguer un valado que parte a cidade en dous, deixando a Helena a un lado e a Xoel ao outro. A rebeldía, o inxenio e o amor que os unen serán as ferramentas para crear artimañas de comunicación e seguir así xuntos aínda que separados. Un espectáculo no que a través da música, a meirande das artes, a danza, a máis efémera, e o teatro, a máis directa, lanzamos ao ceo un papaventos cunha mensaxe de reflexión, esperanza e insurrección. ... Ficha: _ Compañía: ARTESTUDIO TEATRO _ Xénero: teatro _ Autoría: Agustín Fernández Paz _ Dirección: Xurxo Cortázar _ Adaptación: Rubén Ruibal _ Escenografía e vestiario: Neves Seara _ Deseño de son e música: Manu Clavijo _ Deseño de iluminación: RTA _ Coreografía: Kirena Celia Martínez Acosta _ Elenco artístico: Ramiro Neira, Estefanía Gómez e Xurxo Cortázar _ Idioma: galego _ Público: + 5 anos _ Prezo: 5 € _ Duración: 55 minutos _ Venda de entradas: Ticketea |
![]() |
|
![]() |
![]() |
![]() ![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() © Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003 |