Escoitar

O alcalde destaca o cooperación de Freire e a Armada peruana para construír unha "xoia da navegación"

O Buque Oceanográfico Polar B.A.P Carrasco foi entregado hoxe por Construcciones Navales Freire á Mariña de Guerra de Perú nun acto celebrado no Porto de Vigo no que Abel Caballero puxo en valor o traballo conxunto de tecnoloxía e saber desenvolvido polo estaleiro vigués e a armada do país andino para botar ao mar unha "xoia da navegación". O rexedor felicitou ao persoal de Freire por ser quen de competir nun "mercado complicado" facendo os mellores barcos e, ademais, transmitiulle o afecto da cidade ao Perú polo drama humano provocado polas inundacións que sofren e que causaron xa a morte de 78 persoas.

mércores, 22 mar 2017
1490191908buque.JPG
Descargar todas as imaxes