Escoitar

O rexedor destaca o traballo conxunto para conseguir que Vigo acolla o Campionato europeo clase J70 en 2018

Abel Caballero amosou esta mañá a súa satisfacción porque Vigo acolle o ano que vén o Campionato europeo clase J70 se celebrará no mes de xuño. Na presentación avanzou que o proxecto contará coa "ilusión e as gañas de confluír" de todas as administracións e entidades implicadas na consecución deste proxecto.

venres, 17 mar 2017
1489759314nautico.JPG
O alcalde participou esta mañá no Real Club Náutico na presentación do Campionato europeo clase J70 que se celebrará en Vigo en xuño de 2018. Durante a súa intervención, Caballero eloxiou a decisión de escoller esta cidade como sede desta competición dado que, unha vez máis, colocará a Vigo no centro do deporte internacional. Resaltou a "ilusión" e a "satisfacción por confluír" de todas as administracións e entidades que traballaron para sacar adiante este proxecto.

Esta competición é, sen dúbida, unha das grandes novas para o deporte da vela española, un logro xestionado tras dous anos de traballo no que Vigo será sede da cuarta edición desta cita intercontinental, sumándose ás celebradas en Mónaco, en 2015; en Kiel -Alemania-, en 2016; y Southampton, Gran Bretaña, en 2017.

Tendo como referencia a última cita alemá, na que participaron 97 embarcacións de 16 países, Vigo podería albergar a preto de 500 regatistas chegados desde os cinco continentes, xa que a competición continental se disputará en formato OPEN.

O alcalde estivo acompañado na presentación pola presidenta da Deputación, Carmela Silva, o secretario de Estado para o Deporte, José Ramón Lete, entre outras autoridades, ademais dos responsables do Real Club Náutico e da Asociación Española de Armadores Clase J70.
Descargar todas as imaxes