Escoitar

O goberno local tramita coa máxima celeridade a licenza para rehabilitar a Cidade da Xustiza

O Concello está a espera do informe da Dirección Xeral de Patrimonio para conceder a licenza de derribo de parte do edificio do Xeral e, deste xeito, iniciar a rehabilitación da Cidade da Xustiza. O alcalde apuntou que o goberno local está a actuar coa máxima celeridade e traslada esta mesma esixencia á Xunta.

venres, 24 feb 2017
O alcalde deu conta esta mañá do envío á Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta dun informe favorable sobre a demolición dunha parte do edificio do antigo Hospital Xeral que permitirá iniciar a rehabilitación da futura Cidade da Xustiza. Tal e como indicou, o Concello redactou e enviou ese informe en sete días -a partir da recepción da petición- e o alcalde solicitou esta mañá a mesma celeridade a Patrimonio. Tal e como indicou, o Concello non pode outorgar licenza de obra sen contar previamente con esa autorización e "queremos a Cidade da Xustiza canto antes, sen atrasos".