Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
martes, 15 de novembro de 2016

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O alcalde salienta a "senda de crecemento imparable" do aeroporto de Vigo

No mes de outubro, a terminal viguesa medrou un 27% no número de pasaxeiros, fronte ao 8% rexistrado en Santiago e A Coruña e, durante os primeiros dez meses deste ano, o incremento situouse nun 36%. A tenor dos datos, o rexedor reclama á Xunta "o apoio que merece" a terminal viguesa.

Abel Caballero valorou positivamente este martes os datos de actividade do aeroporto vigués no mes de outubro, cando rexistrou un incremento do 27% no número de pasaxeiros, fronte ao 8% de suba de Santiago e A Coruña. No período que transcorre dende xaneiro ata outubro Peinador subiu un 36%.

Para o rexedor estes datos amosan que a terminal "segue a súa senda de crecemento imparable" e vai camiño de alcanzar o millón de viaxeiros. Con todo, declarou que existe un factor "significativo" para que non se chegue a esa cifra, isto é, o feito de que os voos do Imserso son levados maioritariamente ao aeroporto de Santiago, a instancias do Goberno central e da Xunta de Galicia. Isto supón, en opinión de Caballero, un "serio problema de desatención ás persoas da terceira idade" xa que, favorecendo a Santiago e dándolle comodidade á súa cidadanía, "degrádanse notablemente as condicións de utilización dos cidadáns de Vigo" que deben ir por medios propios ata Pontevedra e logo continuar ata Santiago. Así, considera que "cos tempos de espera que teñen, xa estarían en destino se saíran de Vigo" e este feito está provocando que algúns usuarios estean renunciando ás viaxes para maiores.

Así mesmo, o alcalde instou a Feijóo e ao seu goberno a que teñan en consideración que o "aeroporto de Vigo é o que máis capacidade ten de xerar viaxes" polo que "é imprescindible" que tomen conciencia da súa importancia e que o apoien "como se merece".
Mais noticias
O Concello aplicará exencións e bonificacións fiscais superiores aos 7.300.000 euros en 2017
Os alcaldes de Vigo e de Soria reclaman que os concellos poidan xestionar os fondos europeos
A Policía Local conta con 17 novos vehículos dotados coas últimas tecnoloxías
O rexedor coñece o traballo do Grupo CdeC


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003