Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
martes, 15 de novembro de 2016

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


A Policía Local conta con 17 novos vehículos dotados coas últimas tecnoloxías

A Policía Local contará desde hoxe martes con 17 novos vehículos, dos que 12 son patrulleiros dotados con carteis de led configurable para lendas de mensaxes, útiles nas intervencións policiais. Abel Caballero participou esta mañá na presentación desta nova frota na Praza do Rei, acompañado polo segundo tenente de alcalde, David Regades e o concelleiro de Seguridade, Carlos López Font.




O alcalde participou esta mañá na presentación dos 17 novos vehículos cos que contará a partir de hoxe a Policía Local. Trátase dun contrato de renting de 990.000 euros por catro anos, con posibilidade dunha prórroga de nove meses. Concretamente, detallou, incorpóranse 12 patrulleiros Citroën Picasso, 1 furgoneta de atestados Citroën Jumper, 2 furgonetas de seguridade cidadá e 2 todoterrenos. Os coches dispoñen de ponte de luces de baixo perfil cun cartel led abatible que permite configurar lendas de mensaxes de texto que interesen nas intervencións policiais.

En rolda de prensa, o rexedor tamén se referiu á decisión da FEMP de reclamar ao Goberno Central o adianto da xubilación dos policías locais aos 60 anos, equiparándoos así a outros colectivos de risco, como os membros doutras forzas de seguridade. Trátase, lembrou Caballero, dunha reclamación de 70.000 axentes de toda España que require una norma que deberá ser elaborada canto antes.
Mais noticias
O Concello aplicará exencións e bonificacións fiscais superiores aos 7.300.000 euros en 2017
Os alcaldes de Vigo e de Soria reclaman que os concellos poidan xestionar os fondos europeos
O alcalde salienta a "senda de crecemento imparable" do aeroporto de Vigo
O rexedor coñece o traballo do Grupo CdeC


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003