Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 04 de novembro de 2016

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello aproba as obras do aparcamento gratuíto no hospital por 735.000 euros

A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao proxecto de obras para a construción dun aparcamento gratuíto nos terreos de titularidade municipal do Álvaro Cunqueiro que se realizarán nun prazo de seis meses.

O alcalde informou este venres da aprobación por parte da Xunta de Goberno Local do proxecto de obras de construción do aparcamento público nos terreos que o Concello posúe na contorna do hospital Álvaro Cunqueiro, que saen a licitación cun orzamento base de 735.000 euros e cuxa execución se estenderá nun prazo de 6 meses.

Segundo apuntou Abel Caballero, a tramitación do aparcamento viuse "moi atrasada" pola Xunta de Galicia que "non soamente non cooperou senón que puxo obstáculos de forma moi visible". Así, explicou que o Concello precisou varios informes previos á aprobación do proxecto como o solicitado ao SERGAS o 29 de xuño, que non obtivo resposta ata o 27 de xullo; o de Augas de Galicia, que foi enviado o 9 de xuño e chegou o 4 de outubro, catro meses despois e un permiso pedido ao Ministerio de Fomento o 26 de xullo que enviaron o 25 de outubro.

Namentres outras administracións "precisan catro meses para conceder un permiso ordinario", contrapuxo o rexedor, o Concello empregou sete días na aprobación do proxecto das obras e dará luz verde nos próximos días á licitación para seguir adiante co aparcamento de balde no Hospital.
Mais noticias
O concurso de voos de Concello e Deputación conectará Vigo con Valencia, Palma de Mallorca e Ibiza
Vigo estudará futuras accións para seguir a potenciar o uso das motos na cidade


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003