Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 27 out 2016
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 28 DE OUTUBRO DE DE 2016.


1.- Acta da sesión ordinaria e extraordinaria e urxente do 14 de outubro e extraordinaria e urxente do 18 de outubro de 2016.

CONTRATACIÓN
2.- Adxudicación da contratación do servizo de mantemento e conservación de zonas de interese patrimonial do Concello de Vigo. Expte. 7889/307.

3.- Adxudicación da contratación da subministración de bancos. Expte. 8857/446.

4.- Adxudicación da contratación das obras de humanización da rúa Ferreiros. Fase II. Expte. 3893/440.

DEPORTES
5.- Clasificación de ofertas para a contratación das obras de renovación do céspede artificial no campo de fútbol de Comesaña. Expte. 15119/333.

6.- Proposta de autorización para a organización do "III Trail Montes de Vigo" o vindeiro día 30 de outubro de 2016. Expte. 15069/333.

7.- Proposta de autorización para a organización da "IV Edición Vigo contra el Cáncer" o vindeiro día 6 de novembro de 2016. Expte. 15044/333.

8.- Proposta de autorización para a organización da "II Edición- Deporte Solidario" o vindeiro día 13 de novembro de 2016. Expte. 15085/333.

9.- Subvención a favor da Fundación Celta de Vigo polo desenvolvemento dun Programa de Fomento do fútbol base durante a tempada deportiva 2015/2016. Expte. 15299/333.


EMPREGO
10.- Proxecto de convenio de colaboración coa "Unión Comarcal de CC.OO. De Vigo" no marco do fomento do emprego mediante o coñecemento da situación das Pemes de VIGO. Expte. 12955/77.

11.- Rectificación de erro no acordo da X.Goberno 30/09/16 de aprobación do proxecto de convenio coa Fundación Secretariado Xitano para axudar ao financiamento dos gastos para o desenvolvemento de acción dirixidas á poboación xitana. Expte. 12940/77.
FESTAS
12.- Resolución da convocatoria de subvencións de programas de actividades socioculturais realizadas no ano 2016. Expte. 6441/335.

IGUALDADE
13.- Dar conta da relación de expedientes de contratación tramitados polo réxime de gasto menor no Servizo de Igualdade, no mes de setembro do ano 2016. Expte. 7329/224.

14.- Proposta de autorización para a organización do evento ENLAZAVIGO 2016 durante a semana 18 ao 26 de novembro, con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a violencia de xénero. Expte. 7377/224.

MEDIO AMBIENTE
15.- Prórroga do contrato de servizos para o desenvolvemento das actividades do Departamento de Educación Ambiental do extinto OO.AA. Municipal Parque das Ciencias VIGOZOO. Expte. 6348/12.

PATRIMONIO HISTÓRICO
16.- Proposta de incoación de expediente para reparación de deficiencias das obras de mellora e reposición de espazos públicos no Casco Vello, no ámbito da Praza da Princesa e Praza de Argüelles, no prazo de garantía contractual. Expte. 7279/307.

17.- Proxecto de execución de recuperación e posta en valor da muralla de O Castro de Vigo. Expte. 8348/307.

POLICÍA LOCAL
18.- Indemnización substitutiva por importe de 35.037,06 € a favor de BBVAFinancia Autorenting S.A., pola prestación do servizo de arrendamento na modalidade de renting dos vehículos da Policía Local, xuño-xullo 2016. Expte. 50084/212.

SEGURIDADE
19.- Expediente de contratación do servizo público de estacionamento regulado e controlado na vía pública mediante parquímetros. Expte. 90514/210.

SERVIZO DO ÁREA DE CULTURA
20.- Revisión de prezos do contrato de servizos bibliotecarios complementarios para a Biblioteca Pública municipal "Xosé Neira Vilas". Expte. 14147/331.

SERVIZOS XERAIS
21.- Nomeamento da dirección facultativa e delegación de competencias na execución da obra "Humanización da rúa Ferreiros. Fase II". Expte. 3297/443.

URBANISMO
22.- Proxecto de obra ordinaria para a execución de senda fluvial na marxe dereita do Río Lagares. Expte. 87836/421.

23.- Proxecto de obra ordinaria para a execución da senda do río Lagares na parroquia de Santa Mariña de Cabral. Expte. 86600/421.

VIGOZOO
24.- Expediente de contratación do servizo de vixilancia nocturna e recollida e custodia da recadación da taquilla nas instalacións de VIGOZOO. Expte. 7173/612.

25.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 28 de outubro 2016, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á Secretaria do Goberno e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.



Vigo, na data da sinatura dixital.

O ALCALDE,
Abel Caballero Álvarez

A CONCELLEIRA SECRETARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL,
Olga Alonso Suárez.