Escoitar

O aeroporto de Vigo superará este ano en conexións e voos a cifra histórica de 2007

A terminal viguesa alcanzará o millón de pasaxeiros e xa supera en número de voos e destinos a 2007, considerado o ano que mellores rexistros obtivo Peinador. En declaracións aos medios, Caballero avanzou que o Concello está a traballar na licitación das conexións que está a operar Volotea, que sairán a concurso público e xa deixou claro que se van a manter todos os destinos, sen descartar novas incorporacións.

xoves, 7 xul 2016
O aeroporto de Vigo xa supera o número de voos e destinos cos que contaba en 2007, cando Peinador rexistrou o seus mellores datos de ocupación. No tocante aos pasaxeiros, segundo estimacións, Vigo roldará o millón neste exercicio, aínda por debaixo dos que usaron o aeroporto de Vigo hai nove anos, recoñeceu o rexedor. Logo de cualificar estes datos "como unha magnífica noticia", explicou que as conexións coas que conta Peinador nestes momentos conforman un bo mapa de rutas": Valencia; Ibiza; Palma de Mallorca; Madrid; Barcelona; Bilbao; Gran Canaria; Sevilla; Londres; Málaga; Bruxelas; Roma; Alacante; Menorca; Tenerife; Dublín; Bolonia; Lisboa; Milán e Edimburgo.

En declaracións aos medios, anunciou que o Concello xa está a traballar na licitación do concurso de voos que ata o de agora operaba Volotea, aclarando que se van manter todos os destinos aínda que non descartou novas conexións con aeroportos "importantes" de Europa.