Escoitar

SOLICITUDES DE POSTOS DE VENDA AMBULANTE NOS MERCADILLOS DE COIA E BOUZAS

A Xunta de Goberno Local en reunión de data 20.06.2016 aprobou as condicións das autorizacións provisionais municipais para os postos de venda ambulante nos mercadillos de Coia (Parque de A Bouza) e Bouzas.<br />

mércores, 22 xuñ 2016
Na condición 2 sinálase que o prazo de presentación de solicitudes de autorización será desde o día 22 de xuño ata o día 29 de xuño, ambos inclusive, solicitudes que poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello nos días hábiles do período indicado no horario de 9.00 horas ata 13.30 horas, os sábados ata as 13.00 horas.

O modelo normalizado de solicitude e a declaración responsable que en todo caso debe acompañar a tal solicitude, consta nos anexos das condicións aprobadas.

As condicións aprobadas constan na seguinte páxina web www.vigo.org/convocatorias

Sen prexuízo do exposto o expediente poderá consultarse en dependencias municipais, Concellería Delegada de Comercio.